O Primeiro Equipo inicia mañá a pretempada.

publicado en: Portada, Primer Equipo | 0

16O noso Primeiro Equipo iniciará mañá 1 de Agosto o seu stage de preparación. Os pupilos de Jesús Pena, José Luís Pernas, “Coko”, e Pedro Garrote están citados no Cadaval ás 21:00 horas. Trala presentación, o persoal vestirase de curto para levar a cabo a primeira sesión preparatoria do novo curso futbolístico 2016/17.

O núcleo do equipo estará formado polos xogadores que a tempada pasada estiveron a piques de conseguir o ascenso a Primeira Autonómica. De momento, o CD Narón reforzouse con dous grandes fichaxes para a liña defensiva: o regreso a Narón de Roberto Breijo tralo seu paso polo CD Agarimo na tempada pasada e a incorporación de Pablo Porto procedente do Betanzos CF. Ademáis destas dúas incorporacións, o mellor xogador do Grupo IV de Xuvenís da Delegación de Ferrol da tempada pasada e pichichi do CD Narón na 2015/16, Marbin Varón, incorpórase tamén ás ordes dos nosos adestradores do primeiro equipo.

Catro partidos e un Torneo en Pretempada.

O primeiro test dos nosos será o vindeiro sábado 6 de Agosto fronte ao Cedeira no Cadaval a partir das 20:30 horas. Posteriormente, o día 9 e 13 disputaremos a XXXIV Edición Trofeo Cidade de Narón organizada polo Concello e o Padroado de Deportes en colaboración co San Mateo, Estrela, O Val e CD Narón e a Delegación de Fútbol de Ferrol.

O martes 9 de agosto desputaranse as semifinais CD Narón vs. Estrela (O Cadaval, 20:30 horas) e o San Mateo vs. O Val (Trasancos, 20:30 horas), mentres que o terceiro e cuarto posto e a final desputaranse o vindeiro sábado 13 no Campo Municipal de Río Seco.

O día 10 xogaremos o segundo partido preparatorio en O Cadaval fronte ao Racing Club Ferrol Xuvenil de Liga Nacional, mentres que o día 17 e 24, de novo no noso feudo, ante o A Capela e Mandiá, ambos envites a partir das 20:30 horas.
Plan competicional Afeccionados tempada 2016/17.

Na primeira fase, o CD Narón competirá a unha soa volta no Grupo A xunto co Rápido de Neda, Perlío, Numancia de Ares, Ortigueira, Cebarca, A Capela, Rosalía, Barallobre, San Sadurniño, Monfero e Ensanche.

No Grupo B estarán o Galicia de Caranza, Agarimo, Somozas B, San Mateo, Estrela, Moeche, Mandiá, Narahio, Meirás, Cabanas e Valdoviño.

Os seis primeiros clasificados de cada grupo desputaranse, a dobre volta, a praza de ascenso directo e a de promoción na Segunda Fase do campionato. A primeira fase empeza o 4 de setembro e termina o 13 de novembro; mentres que a segunda será do 20 de novembro ao 7 de maio de 2017

O arranque de Liga será o próximo día 4 de setembro pero o rival non se coñecerá ata que se celebre o sorteo do calendario na Delegación de Ferrol durante a semana do 1 ao 7 de agosto.

Dende a Xunta Directiva desexámoslles a todos os integrantes do persoal moita sorte para esta nova tempada, ademais de agradecerlles o seu esforzo e dedicación un ano máis. ¡Xuntos conseguiremos o obxectivo!