O Noso Primeiro Equipo e SD O Val desputarán a final da XXXIV edición Trofeo Cidade de Narón.

publicado en: Portada, Primer Equipo | 0

UnaiO vindeiro sábado 13 de agosto -a partir das 20:00 horas- celebrarase no Estadio Municipal de Río Seco a final do Trofeo Cidade de Narón de fútbol afeccionado organizado polo Padroado de Deportes e os catro equipos seniors do Concello, e coa colaboración da Delegación de Fútbol de Ferrol. SD O Val e CD Narón disputaranse a XXXIV edición logo de cinco anos sen a celebración deste tradicional torneo estival.

O noso equipo que preparan e dirixen Jesús Pena, José Luís Pernas, “Coko”, e Pedro Garrote clasificáronse o pasado martes ao impoñerse no Cadaval ao Estrela CF por 4 goles a 2, mentres que os de O Sinde derrotaron onte ao San Mateo CF en Trasancos por 0 goles a 3.

Para este match, os nosos técnicos do Primeiro Equipo non poderán contar cos lesionados Iván e Julen que se atopan na fase final de recuperación das súas lesións; nin con Pablo Porto, o ex xogador do Betanzos que non se incorporará ao Club ata o próximo 29 de agosto; nin con Dani Maroño por motivos profesionais. Ademais, Zapa, Róber e Jesús atópanse entre algodóns logo dos primeiros partidos disputados de pretemporada e ata case o mesmo sábado non se saberá si estarán dispoñibles para desputar a final.

Este encontro será o primeiro partido, non oficial, na historia do noso Primeiro Equipo coa Sociedade Deportiva O Val de Narón nos catorce meses e seis días de existencia do noso club.

Previamente á final, ás 18:00 horas, no mesmo escenario celebrarase o terceiro e cuarto posto que disputarán San Mateo CF e Estrela CF.

Á conclusión da final e trala entrega de trofeos, celebrarase unha churrascada como fin de festa desta xornada de fútbol e co obxectivo de que as catro entidades poidan estreitar lazos para unha mellor convivencia e entendemento polo fútbol de Narón. Todos os interesados do CD Narón que queiran asistir a esta celebración poden retirar os tickets a prezos populares (12 euros por persoa) na cantina de O Cadaval ata o mesmo día do evento. A entrada aos partidos será gratuita e dende a web do club invitamos a toda a nosa familia amarela a que acuda o vindeiro sábado ao Municipal de Río Seco á festa do fútbol afeccionado do noso Concello.

Narón BP, adxudicouse a última edición de 2011.

 

A XXXIII edición do Trofeo Cidade de Narón, que se celebrou o pasado 19 de agosto de 2011 no Municipal de Río Seco e que disputaron Narón, Val e Somozas en formato de triangular con partidos de corenta e cinco minutos, adxudicoulla a entidade de Piñeiros ao derrotar aos de O SInde no partido decisivo por 2-1 grazas a un gol de Marcos Suárez no tramo final de match, despois de que ambas entidades empataran sen goles co Somozas e impuxésense en ambas tandas de penaltis.