I Torneo Alevín F8 CD Narón para a difusión da Asociación Galega contra a F.Q. e homenaxe a Juanito.

publicado en: Portada | 0

Cartel-I-Torneo-Alevín-F8-CD-NarónO Club Deportivo Narón en colaboración co Concello de Narón, celebrará o vindeiro sábado 3 de setembro de 2016 a primeira edición do torneo de fútbol oito en categoría Alevín no campo de O Cadaval, como preámbulo da tempada 2016/17.

O Torneo organízase para a difusión da Asociación Galega contra a Fibrosis Quística e para divulgar información en que consiste a enfermidade e como o deporte axuda aos nenos que a padecen. (www.fqgalicia.org/Teléfono: 981.24.08.67).

Ademáis o Club Deportivo Narón renderá homenaxe ao ex futbolista do Real Club Deportivo da Coruña, Sociedade Deportiva Compostela, Real Betis Balompé, Racing Club de Ferrol e Narón Balompé Piñeiros, Juan Luís Amigo Ferreiro, ¨Juanito¨.

Na actualidade, Juanito é adestrador dun dos nosos equipos de categoría infantil e xogador do Sigüeiro Fútbol Club, equipo que compite na categoría de Primeira Autonómica.

O I Torneo de fútbol 8 Alevín do Club Deportivo Narón celebrarase durante a xornada do sábado 3 de setembro dende as 9:30 ata as 20:30 horas e a entrada será gratuita.

Os equipos participantes serán dezaseis, un elenco das mellores escolas deportivas do fútbol base de Galicia: R.C. Deportivo da Coruña, S.D. Compostela, Vitoria C.F., C.D. Calasanz, Ural CF, Racing C. Ferrol, S.C.D.R. Galicia de Caranza, E.F. Luís Calvo Sanz, E.D. Xuventude de Oroso, Noia CF, Escola Estrada de Fútbol Base, Eume Deportivo, S.D.C.R. Narón O Freixo e as tres persoais de alvins do noso C.D. Narón.

A partir das 9:30 horas, no campo 1, co partido entre o Ural C.F. e C.D. Calasanz, e no campo 2, co Racing de Ferrol vs. Narón Freixo, alzarase o telón do a primeira edición do Torneo Alevín Club Deportivo Narón.

A organización habilitará varias zonas na instalación nas que se poderá gozar de bebidas refrescantes e ata haberá un burguercar para que os acompañantes dos equipos, así como o público en xeral poida gozar dunha gran xornada de fútbol en O Cadaval.

Dende este espazo, queremos agradecer ao Concello de Narón, á Asociación Galega contra a Fibrosis Quística, a Juanito, á Delegación de Fútbol de Ferrol e, en especial, a todos os representantes de cada un dos clubs cos que contactamos e que nos axudaron para que este evento fose posible.

¡Esperámosvos a todos na festa do fútbol!. Todos debemos saber que hai moitos deportistas que padecen Fibrosis Quística e que hai unha asociación galega, formada por un grupo de nais e pais, que a diario loitan para que os nenos que a padecen saian adiante. E por suposto, acompáñanos no máis que merecido homenaxe a Juanito, toda unha lenda en activo do fútbol galego.

CALENDARIO TORNEO (Partidos)