Co obxectivo de ofrecer unha formación futbolística para os nenos de Ferrolterra e especialmente aos do Concello de Narón e co desexo de crear un proxecto deportivo propio, o 5 de Xuño de 2015, un grupo de amigos e xente do fútbol, crearon con carácter oficial o Club Deportivo Narón.

O 7 de Agosto de 2015 a xunta directiva reuniuse como socios fundadores da entidade deportiva en Asemblea Xeral Extraordinaria, na que adoptaron os seguintes acordos, entre outros: aprobación por unanimidade do acta fundacional do Club Deportivo Narón trala súa lectura; aprobación por unanimidade dos Estaturos do Club Deportivo Narón trala súa lectura; elección da xunta directiva e nomeamento dos diferentes cargos directivos, tendo en conta o disposto no artigo 12 dos Estatutos do Club para a elección dos membros da primeira xunta directiva.

En Narón, ás 18:20 horas do mesmo día, elixiuse por unanimidad a D. Juan Manuel Ramos Reigosa como primeiro Presidente do Club Deportivo Narón. O resto de cargos directivos quedaron confeccionados da seguinte forma: Carlos Rico, Francisco Balado, Emilio Rodríguez e Jorge Leira, como vicepresidentes. O tesoureiro do club foi Miguel Segura e a secretaria Begoña Pardo. E os seguintes vocales completaron a directiva: Beatriz Gabeiras, Mercedes García, Rebeca Ferreira, David Sanjurjo e Miguel Ángel Feal.

O C.D. Narón é un club adscrito á Federación Galega de Fútbol con número 1907, que participa na modalidade de fútbol en todas as categorías oficiais, nomeadamente: Senior (cun equipo en Segunda Autonómica), Xuvenil (con dous equipos), Cadete (con dous equipos), Infantil (con tres equipos), todos eles na Primeira Categoría Provincial. E tres de Alevíns, dous de Benxamíns, tres de Prebenxamíns e un Biberón, todos eles dentro do marco de Fútbol 8.

O equipo sénior do Club Deportivo Narón disputou o primeiro partido da súa historia o 8 de agosto de 2015 ante o San Mateo Club de Fútbol no campo de Trasancos. O encontro amistoso de stage estival orixinou gran expectación, non só porque era o estreo do primeiro equipo do noso Club, senón tamén porque foi contra un dos equipos representativos do noso Concello.

O match terminou co resultado de 0-5 a favor da escuadra amarela dirixida por Jesús Peña e José Luís Pernas, “Coco”. Marcos (2), Bertito (2) e Durán foron os autores dos goles do encontro.

O defensa do C.D. Narón, Marcos Pita, marcou o primeiro gol da historia da nosa entidade en partido non oficial.

Tan só 24 horas despois, o noso primeiro equipo disputaba o seu segundo test de pretemporada no campo da Gándara (Pontedeume) fronte ao Eume Deportivo que dirixe o ex futbolista do Deportivo e Real Madrid, Jaime Sánchez Fernández.

Derrota por 3 a 1, pero con moi boa imaxe dos pupilos de Jesús Peña e José Luís Pernas, “Coco”. Un gran esforzo e malgaste físico de todos ante un rival dunha categoría superior e moito máis rodado a estas alturas da tempada.

Foto-primer-equipo-en-CebarcaPartido amistoso pretemporada 2015-16 no Bernardino Breijo. Cebarca vs. CD Narón (2-7) (14/08/2015)
Arriba de esq. a drta.: Pedro Garrote, Casas, Javi Díaz, Iván, Nacho Pato, Larry, Durán, Dopi, Jesús Peña e Coco.
Abaixo de esq. a drta.: Berto, Uani, Julen, Marcos, Christian e Jesús.

Posteriormente, chegaron máis test ou envites preparatorios nos que os resultados foron diversos, ata chegar ao debut ligueiro do noso primeiro equipo en O Cadaval o pasado 6 de setembro de 2015 fronte ao U.D. Somozas (0-3).

Actualmente o Club Deportivo Narón lidera as clasificacións de sénior, xuvenil, cadete, infantil e alevín.

Primeiro partido oficial do C.D. Narón.

Un mes logo daquel primeiro partido amistoso de Trasancos, o 9 de setembro de 2015, o C.D.Narón Feminino disputou o primeiro partido oficial do noso Club ante o S.C.D.R. Galicia de Caranza. O enfrontamento entre naronesas e ferrolanas, que se celebrou no Municipal de O Cadaval, correspondeu á primeira xornada de Liga Feminina de Fútbol 8 da Delegación de Ferrol. O equipo de Yosu debutou con vitoria ao golear ás de Juanjo Íñiguez por 4 a 0.

Neste encontro, Jennifer Florencio da Silva, “Jenni”, escribiu a primeira páxina da historia do noso Club ao conseguir o primeiro gol en partido oficial.

A ficha técnica do primeiro partido oficial do Club Deportivo Narón foi a seguinte: Ficha Técnica:

C.D. Narón: Tamara; Marta, Leila, Andrea, Ana Mei, Jenni, Iria, Sonia, Ebe, Antía, Yoli e Montse.

S.C.D.R. Galicia Caranza: Carla, Xana, Alba, Laura Montero, Andrea, Marta Rodríguez, Noelia, Karen, Saray, Lydia e Laura.

Árbitro: Martin Zakaryan (Colexio de Ferrol).

Goles: 1-0 Jenni, min.17; 2-0 Marta, min. 25; 3-0 Ebe, min. 47; 4-0 Sonia, min. 52.

Campo: O Cadaval. (20:30 horas).

Incidencias: Primeira Xornada Liga Feminina Fútbol 8 (Delegación de Ferrol). 200 espectadores.