O Club Deportivo Narón celebra todas as súas actividades nas instalacións do Campo Municipal de O Cadaval, situado no barrio de Piñeiros (Narón).
O noso terreo de xogo foi inaugurado na tempada 1971/72 pola extinguida Unión Deportiva Piñeiros cun partido que lle enfrontou ao Arsenal.
Posteriormente, o 6 de novembro de 2009, o alcalde D. José Manuel Blanco inagurou os novos vestuarios de O Cadaval. As novas instalacións foron construídas nunha supercie de 363 metros cadrados sobre a que se levantaron catro vestiarios para equipos de fútbol, dous vestiarios de árbitros, unha pequena lavandería, un aseo para o público, o cuarto da caldeira, un pequeno ambigú e un cuarto para o material.
Coordenadas GPS: 43.507981, -8.181195