escudo

O Escudo do Club Deportivo Narón preséntase sobre un campo azul e branco, dividido en dúas seccións.

Na primeira delas un balón de fútbol en cor marrón e coas costuras marcadas imitando ao primeiro esférico de xogo do football de orixe inglesa, e sobre as letras da entidade que van en cor azul.

Na segunda das seccións, dúas espigas de ouro sobre un ancora de prata.

As espigas de trigo recordan a antiga economía do Concello de Narón, baseada principalmente na produción de cereales e o traballo da terra.

O ancora é o símbolo da vida mariñeira do noso municipio, que se estende dende o Océano Atlántico ata o fondo da Ría de Ferrol.

Finalmente, o escudo vai rematado pola coroa real, que é un círculo de ouro, con cinco follas de pedras preciosas visibles e a cruz de ouro no seu ecuador, na marxe superior.