O noso xuvenil acadou unha contundente victoria por 5-1 nos cuartos de finais da COPA FERROL ante o SDR Neda.
Primeira parte chea de ocasións.
O conxunto naronés saliu coa mente posta en buscar portería e non tardaría moitos minutos en crear as primeiras ocasións de perigo nas botas de Manu Fraguela, que se quedaba solo ante o porteiro Nedense pero non conseguíu a asociación de Hugo Balado que entraba tamén libre de marca no outro costado.
O primeiro gol sería do propio Hugo tras unha gran xogada en banda de Manu Fraguela que con un centro raso poñía a pelota a placer do número 17 do conxunto de Steven Campos.
Abriríase así a lata dos ata tres goles que se verían na primeira parte a favor dos amarelos, con outra gran xogada individual de Manu Fraguela e outro tanto de Edgar Pardavila.
O Neda puido recortar distancias despois do descanso.
Aos poucos minutos de comezar o descanso o conxunto de vermello e negro tuvo a oportunidade de recortar distancias en «engancharse» ao encontro dende os 11 metros tras una penalti un tanto dudoso por parte de Martín Ben.
Erraba o «9» Anxo Martín para o SDR Neda.
Primeiros trocos, entraba Jony no campo, que firmaría o 4-0 e posteriormente o 5-1 final.
Os nosos xogarán as semifinais o vindeiro SÁBADO 3 de XUÑO en Río Seco ante o Narón Freixo.