O lateral non continuará no noso equipo esta nova tempada.
O xogador ferrolano chegou ao noso clube a pasada tempada e disputou un total de 13 encontros ata que sufriu unha grave lesión de xeonllo.
Queremos agradecer a Diego o seu compromiso durante o periodo de tempo que permaneceu no noso clube e desexarlle moita sorte na súa recuperación de xeonllo e nos seus futuros proxectos.