No día de onte o noso xuvenil disputaba as semifinais da Copa delegación de Ferrol na que visitaba o Campo Municipal de Río Seco para enfrontarse ao Narón Freixo.
Un esquema pouco habitual.
Coas baixas de Gelo e a posible duda de Hugo Balado, Steven Campos viuse obligado a trocar o sistema táctico. Os primeiros 20 minutos de encontro, os nosos foron totalmente dominadores da posesión de balón pero sin demasiada profundidade cara a amenazar o área local.
Tras un saque de córner a favor dos nosos, chegaba o gol local despois dunha gran contra que suporía o 1-0 antes do descanso.
Unha segunda parte con moita efectividade.
Un calco da primeira metade era o inicio da segunda. Con un CD Narón que quería a pelota e con un Manu Fraguela intratable aos espazos con unha ocasión clarísima solo diante do porteiro.
Deste xeito chegaría o empate, unha gran xogada colectiva deixaba solo a Rubén diante do gardaredes e deixaría a placer para que Manu Fraguela puxera o empate no marcador.
A partires do empate o Narón Freixo reaccionaría con moita forza endonsando dous tantos seguidos en apenas 5 minutos.
Moi tocado o conxunto de Steven por eses dous tantos, non foron capaces de reengancharse ao encontro con goles, pero si con garra e esforzo.
Finalmente, o marcador remataba con un claro 5-1 a favor dos locais.
Deste xeito remataba así a tempada para o noso xuvenil, que acadou as semifinais de copa e un quinto posto na liga.
¡Gran tempada rapaces!