O CD Narón foi o club número 44 de Galicia con máis licencias FGF na 2015/16.

publicado en: Comunicados F.G.F., Portada | 0

50-Clubs-con-más-Licencias-de-la-FGFA Federación Galega de fútbol publicou o pasado mes de xullo de 2016 na súa revista FGF, no seu terceiro número, o listado dos 50 clubs de Galicia con máis licenzas de xogadores. O noso novo club ocupou o posto número 44 con 249 licenzas e 15 equipos.

O club máis laureado do fútbol galego é o Vitoria Club de Fútbol, toda unha institución e exemplo de entidade de formación de fútbol base na nosa comunidade, con 576 licenzas e 31 equipos. En segundo lugar, o Club Deportivo Calasanz con 513 licenzas e 26 equipos. E o terceiro posto, ocupouno a Escola Deportivo Valmiñor de Nigrán con 438 licenzas e 23 equipos.

A finais do pasado mes de xuño, o Club Deportivo Narón foi a terceira entidade de Ferrolterra con máis licenzas tralo Galicia de Caranza (8º) e a Sociedade Deportiva O Val de Narón (25º).

O próximo 3 de setembro de 2016, no I Torneo Alevín F8 CD Narón, en homenaxe a Juanito e á Asociación Galega da Fibrosis Quística poderemos gozar dos dous primeiros clubs de Galicia en canto a equipos e licenzas porque estarán presentes.