CD Narón e Estrella CF abren a XXXIV edición do Trofeo Cidade de Narón.

publicado en: Portada, Primer Equipo | 0

XXXIV-Trofeo-Cidade-de-NarónLogo dunha longa pausa de cinco anos, o Trofeo Cidade de Narón de fútbol afeccionado, organizado polo Padroado de Deportes, os catro equipos sénior do Concello e a Delegación de Fútbol de Ferrol ponse en marcha esta tarde coa celebración da primeira das semifinais.

O partido entre o CD Narón e o Estrela CF abrirá o torneo a partir das 20:30 horas no sintético de O Cadaval, onde o noso equipo disputará o seu segundo text de pretempada ante a nosa afección, trala vitoria da semana pasada fronte ao Cedeira por 4-3 no estreo de stage estival.

A outra semifinal do Torneo desputarase mañá mércores no campo de Trasancos entre o San Mateo CF e a SD O Val de Narón a partir das 19:30 horas.

Con esta recuperación, o Trofeo chega esta tarde á súa trixésima cuarta edición e recupera o seu formato orixinal de cuadrangular coa presenza de catro equipos do Concello de Narón.

Historia do Trofeo Cidade de Narón.

No ano 1980 celebrouse a primeira edición deste torneo coa denominación de Trofeo Cidade de Narón, no que participaron os catro equipos do Concello por aquel entón Piñeiros, Eclipse, O Val e San Mateo- e que se adxudicou o club de Trasancos.

Entre 1975 e 1978 celebráronse catro edicións baixo a denominación de Trofeo Concello de Narón. A última vez que se celebrou o Trofeo Cidade de Narón foi o 20 de agosto de 2011 no Municipal de Río Seco, onde o Narón Balompé, SD O Val e Somozas xogaron un triangular (Fonte información: Castro, C. Revista O Dez. Ferrol, 2016).