Artigo de muchacalidad.com sobre o CD Narón.

publicado en: Equipos de Base, Portada | 0

Onte no portal deportivo muchacalidad.com publicou un breve, pero motivador artigo sobre o noso club que queremos compartir con toda a familia amarela.

 

El CD Naron empuxa coa súa canteira

 
Mateo, Marcos e Bruno participaron na victoria do Primeiro Equipo no Memorial de Cedeira.Foto: @cdnaron

Este fin de semana o club amarelo mostrou a súa firme aposta de traballo coa canteira. Mentres que o equipo xuvenil da entidade de Piñeiros deixaba o pabellón ben alto no Memorial Carlos Torres ante equipos de superior categoría, os cadetes Mateo, Marcos e Bruno debutaban co primeiro equipo no Memorial Miguel López disputado ante o Cederia SD para contribuír á vitoria por 1-2 ante os locais.

Os xuvenís de liga local enfrontábanse ao potente Racing C. Ferrol de liga nacional e caían con dignidade (5-1) tras plantar cara aos verdes durante moitos minutos, mostrando un fútbol que sen dúbida lles levará lonxe na competición local. Finalmente caían na tanda de penaltis ante o SD O Val de liga galega tras igual 2-2 no partido polo 3º e 4º posto.

Non é moi habitual pero Jesús Pena, míster do primeiro equipo non dubidou ante a falta de efectivos en convocar a tres novos cadetes que apuntan xeitos e que gozaron dos seus primeiros minutos no fútbol “modesto” o que sen dúbida lles axudará no seu camiño para converterse en futbolistas.