O pasado domingo o primeiro equipo recibía ao Ural CF na vixésima xornada da primeira galicia.
O conxunto dirixido por jandro paadín necesitaba sí ou sí os tres puntos para escapar dos postos perigosos da clasificación e ademáis cunha convocatoria chea de canteiráns con ganas de demostrar que poden aportar ao primeiro equipo.
Con Hugo, porteiro do xuvenil, e Fraguela, dianteiro tamén do xuvenil no once incial, o encontro poñeríase moi de cara dende os primeiros minutos tras o tanto anotado por Kevin Stiven aos dous minutos do pitido inicial. Moitas ocasións para o conxunto amarelo pero que non acadarían esa contuntencia para aumentar o marcador en varias ocasións.
O Ural conseguía nunha acción illada o premio do empate antes do tempo de lecer.
Actitude e forza para afrontar ese «mazazo» do gol visitante foi a tónica dominante do segunto tempo para o conxunto naronés, que por medio de «Popo» conseguía poñerse por diante no marcadador de novo. Aos 8 minutos, novamente Kevin Stiven poñería o definitivo 3-1 no marcador e xa son así 15 dianas as que leva o dianteiro nesta competición.
Con esta victoria o #CDNaron mantense na décima posición da táboa con 25 puntos. No vindeiro partido, os de Jandro Paadín visitarán ao Boimorto.