#APrevia | O Xuvenil recibe ao SDR Neda nos cuartos de final de copa.

publicado en: Equipos de Base, Juvenil A, Portada | 0

O noso xuvenil recibe este sábado ás 11:30 en O Cadaval ao SDR Neda no que suporán os cuartos de final da Copa Ferrol.

O conxunto de Stiven superou na ronda anterior ao SD O Val «B» por 3-1 nun partido moi igualado que se resolveu nos últimos 20 minutos de xogo. Por outra banda, o SDR Neda chega a estes cuartos de final tras derrotar por 3-4 ao Ánimas.

CD Narón e Neda xa se coñecen á perfección despois de xogar as dúas xornadas de liga. O primeiro encontro caeu para o lado dos nedenses por 3-2 na primeira xornada de liga, na volta os naroneses superaron con creces por 5-0 aos da Vila de Neda.

Moita motivación e moito traballo detrás de este grupo de xogadores que intentarán estar nas semifinais da seguinte semana.

¡Vamos Narón!